Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello pon en marcha "ActivaT", un obradoiro de estimulación cognitiva en colaboración con AFACO

/ O Concello pon en marcha «ActivaT», un obradoiro de estimulación cognitiva en colaboración con AFACO

O Departamento de Servizos Sociais que dirixe Inés Ramos pon en marcha «ActivaT», unha iniciativa que, en colaboración con AFACO, pretende revir, promover e atender ás persoas afectadas e ás súas familias no ámbito da saúde mental. Nesta ocasión, a acción está destiñada a persoas con deterioro cognitivo leve ou afectadas pola enfermidade de Alzheimer nun estadío inicial.

O obradoiro, que se inicia no mes de marzo próximo, terá unha duración de seis meses e un coste de 36,66€.  Haberá dúas sesións semanais de traballo que se levarán a cabo  no Centro de Maiores  “A Baiuca”.

As persoas interesadas poden facer a súa solicitude de forma presencial no Centro de Maiores “A Baiuca” do 14 ao 24 de febreiro en horario de 9 a 14 horas, ou  achegando dita solicitude, que poderán descargar da web municipal, a través do correo electrónico baiuca@arteixo.org

O obxectivo de ActivaT é mellorar a calidade de vida e o nivel de satisfacción vital dos enfermos de alzheimer e a súa familia a través da da promoción da autonomía do paciente, o mantemento das capacidades físico-cognitivas durante o maior tempo posible.

A diferenza doutras iniciativas que se levaron a cabo neste ámbito ata o de agora, o que se pretende nesta ocasión, según Inés Ramos, é unha intervención integral e personalizada. Trátase de que a estimulación non se centre unicamente na parte cognitiva, senón que se abordarán outros factores como a afectividade, o ámbito social e familiar ou o biolóxico.

Neste obradoiro e, para cumprir cos onxectivos, é preciso considerar todos os aspectos de cada persoa, non só os cognitivos, senón tamén os emocionais e comportamentais no contexto xeral da persoa tratada. Inés Ramos, insiste en que a estimulación non se reducirá á mera aplicación indiscriminada de exercicios de rehabilitación das capacidades intelectuais.

AFACO fará un estudo pormenorizado de cada persoa interesada que deberán estar afectadas por un Deterioro Cognitivo Leve (GDS 3; Global Deterioration Scale de Reisberg) ou por unha Demencia en Estadío Inicial (GDS 4; Global Deterioration Scale de Reisberg), cunha puntuación de entre 20 e 27 puntos no Mini Exame Cognoscitivo de Lobo (MEC).

 

 

Ir al contenido