O Campo da festa acolle entre o 9 e o 11 de setembro próximos unha nova edición da Feira de Oportunidades e do motor que organizan o Centro Comercial Aberto e o Concello.
Será no campo da festa e, nesta ocasión, a actividade comercial acompáñase de distintos eventos lúdicos como concertos, espectáculos de maxia ou circo.
A programación contempla o venres 9, ás 19:00h e ás 20:00h música en vivo con Carlos Bau; o sábado 10, ás 12:45h: concerto de «VeranEarte» con Alma Libre, e pola tarde, entre as 19 e as 20h, espectáculo de maxia con Kiko Pastur.
As actividades finalizan o domingo 11 con un espectáculo de circo a cargo de Ikigai. Será ás 18:30h.
As compras que se realicen durante estes días nos postos da feira servirán,como é habitual, para entrar en diferentes sorteos e premios. Tamén haberá inchables, obradoiros de manualidades e un servizo de bar con comida e bebidas durante todo o horario de apertura da feira.