Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello ofrece un curso de cociña con certificado de profesionalidade nivel 2

/ O Concello ofrece un curso de cociña con certificado de profesionalidade nivel 2

O Departamento de Promoción económica ofrece aos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, a posibilidade de participar nun curso de cociña que outorga o nivel 2 de profesionalidade.

Os participantes deben ter, como mínimo, estudos de ESO, bacharelato, FP grao medio, competencias clave de nivel 2 ou ter cursado un certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional (Hostelaría)

O curso, que se impartirá no Centro Municipal de Formación de 16 a 21 horas, comezará o 9 de xaneiro de 2023 e finalizará o 30 de agosto do mesmo ano.

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Departamento de Promoción Económica no teléfono 981659149 ou acudir directamente as oficinas no Centro Arteixo Innovación, antes do 20 de decembro de 2022

Ir al contenido