Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello inviste máis de tres millóns de euros en reservar prazas da residencia de maiores para os empadroados de Arteixo

/ O Concello inviste máis de tres millóns de euros en reservar prazas da residencia de maiores para os empadroados de Arteixo

O pleno de marzo aproba mañá xoves un novo un convenio coa Xunta de Galicia para que a metade das 64 prazas da nova residencia de anciáns (32 prazas) queden reservadas para persoas empadroadas de Arteixo.
O custo deste convenio será de 741.000 euros en 2023, 758.000 en 2024, 758.000 euros en 2025 e 758.000 en 2026.
O concello asegúrase así de que os seus veciños teñan preferencia á hora de utilizar a residencia de anciáns.
Con este obxectivo o concello farase cargo dos gastos ocasionados por estas prazas. O alcalde Carlos Calvelo sinala que “a nosa proposta é que o concello asuma o financiamento da metade das prazas da nova residencia de anciáns (32), reservando así esas prazas para veciños empadroados en Arteixo. As outras 32 prazas serán incluídas na rede pública da Xunta, e os usuarios serán asignados en función das listas de espera de sistema público de atención á dependencia, como é o habitual no resto das residencias de Galicia”.
O Centro Interxeneracional de Arteixo que alberga a residencia de anciáns citada foi construído pola Fundación Amancio Ortega (FAO) en virtude do convenio asinado pola propia FAO, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Arteixo en 2015, e conta cunha Escola Infantil (82 prazas), un Centro de Día (40 prazas) e unha Residencia de anciáns (64 prazas).
Ir al contenido