Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Arteixo solicitará unha xunta de seguridade á Subdelegación de Goberno para tratar as carencias do posto da Garda Civil de Arteixo.
O cuartel está a pechar polas noites e as fins de semana, unha maneira de funcionar que impide atender adecuadamente á veciñanza e está provocada pola alarmante falta de axentes no posto. Concretamente, do persoal orixinal de 49 axentes que históricamente tivo o cuartel desde a súa creación para cubrir as quendas dos sete días da semana, o posto de Arteixo viu reducidos os seus efectivos nun cincuenta por cento, o que impide a este corpo de seguridade cumprir adecuadamente as súas competencias en materia de seguridade en Arteixo.
As 49 prazas orixinais non están cubertas nin ao cincuenta por cento. Esta imposibilidade de reaccionar adecuadamente ante os retos que presenta a seguridade no concello inclúe delitos como as ocupacións de inmobles ou o tráfico de drogas, que son de competencia das forzas de seguridade do Estado.
O concello de Arteixo xa alertou desta situación á Subdelegación de Goberno en reiteradas ocasións.
O peche do cuartel durante as noites e as fins de semana expúxose inicialmente como algo esporádico e que tiña como obxectivo reforzar a presenza de patrullas na rúa. Con todo, a situación actual é que existe un déficit de patrullas na rúa e o cuartel non atende aos veciños durante as noites e as fins de semana.
O concello reclamará na xunta de seguridade á Subdelegación de Goberno que, como mínimo, repoña aos axentes que o persoal do posto da Garda Civil tivo históricamente, sen os cales non se pode ofrecer un servizo adecuado nun concello de preto de 100 km².
O concello de Arteixo sinala que non “poden existir cidadáns de primeira ou segunda e materia de seguridade
Ir al contenido