Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello e a Xunta de Galicia, poñen en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia “Concello de Arteixo 2022-2023”

/ O Concello e a Xunta de Galicia, poñen en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia “Concello de Arteixo 2022-2023”

 

 

 

Os Programas Integrados de Emprego de Galicia teñen por obxecto a mellora da ocupación e a inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego durante un período de 12 meses, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de formación, información, orientación, asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de intelixencia emocional e motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborales, emprendemento, emparellamento con ofertas de emprego, prácticas profesionais non laborais…

Este novo proxecto, que porá en marcha o departamento de Promoción Económica que dirixe Ángel Vázquez, beneficiará un total de 100 persoas desempregadas de Arteixo dos seguintes colectivos: mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.

O novo programa inclúe accións de formación específica de:

  • caixeiro/atención ao cliente/carretillleiro,
  • organización e xestión de almacéns,
  • operario de almacén/xestión de tendas,
  • operario de carpintería metálica,
  • operario de limpeza

O alumnado tamén recibirá formación transversal en: alfabetización informática e internet, prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos, peixe e alérxenos, marca/coaching, emprego 2.0, emprendemento, orientación laboral, preparación en competencias clave… Toda esta formación combinarase con sesións individuais cos integrantes do Programa Integrado de Emprego.

O nivel de inserción laboral acadado en edicións anteriores foi superior ao 50%, sendo nesta última edición superior ao 65%.

O comezo do PIE está previsto para o vindeiro mes de xaneiro e os interesados poden solicitar información no tel. 981659147 de Promoción Económica do Concello ou no Centro Arteixo Innovación (Avda. Arsenio Iglesia, Parc.46)

Ir al contenido