Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O concello de Arteixo e a Xunta ofrecen un programa de formación para 100 personas

/ O concello de Arteixo e a Xunta ofrecen un programa de formación para 100 personas

A Xunta e o concello de Arteixo acaban de abrir na selección de 100 personas para o Programa Integrado de Emprego 2024-2025. Os cursos comezarán en xaneiro, e o ano pasado máis do 60% dos parados que o fixeron acabaron encontrando traballo.

Este Programa, cofinanciado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e o Concello de Arteixo, ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a realización das seguintes accións formativas:

– Atención o cliente/Caixeiro
– Organizació e xestión de almacéns.
– Operario/a de almacén/carretilleiro,
– Operario/a de limpeza,
– Operario/a de fábrica/carretilleiro.

Así mesmo, durante todo o Plan, realizaranse accións de formación transversal, tales como: prevención de riscos laborais, marca persoal, emprego 2.0, manipulador de alimentos e pescado, prácticas laborais, fomento do emprendemento e orientación laboral.

A preselección de candidatos realízase dende a oficina de emprego, sendo a posterior selección definitiva por parte dos técnicos do Departamento de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo.

Para máis información deben dirixirse a Concellaría de Promoción e Desenvolvemento, sita no Centro Arteixo Innovación (Avda. Arsenio Iglesias,
Parc.46). Teléf. 981640572.

O programa ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en
marcha dun plan integral que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral.

Ir al contenido