O Concello de Arteixo acometerá próximamente un plan integral de limpeza industrial de todas as beirarrúas dos núcleos urbanos de Arteixo, Pastoriza, Oseiro, Vilarrodís e Meicende. Trátase así de reforzar as habituais tarefas de limpeza que mellorarán de forma ostensible coa licitación do novo contrato de limpeza viaria, a partir de outubro, e que ten un prezo anual de 750.000 € e incrementará os traballos actuais en 3.300 horas.
O novo contrato reforzará o número de máquinas adicadas á limpeza viaria do concello e incrementará, deste xeito, o número de fregadoras, valdeadoras e tamén incluirá novas decapadoras, novas no mercado, que permiten eliminar calquera tipo de residuo adherido á calzada.
O Concello realizará, a través do novo obradoiro de emprego, unha campaña integral de limpeza industrial de todas as beirarrúas. As 20 personas que formarán parte deste iniciativa recibirán un período de formación sobre limpeza industrial para, posteriormente, empregar os seus coñecementos nesta campaña municipal. O obxectivo é realizar unha limpeza profunda de materiais de carácter plástico ou hidrocarburos solidificados que están pegados no firme. A campaña, que se inciará dentro de tres meses, terá unha duración de oito meses.