O Centro residencial de Arteixo, que pertence á rede de centros de atención a maiores da Xunta de Galicia celebra o seu IV aniversario cunha serie de actividades que inclúen o próximo 26 de xaneiro, unha xornada de portas abertas.
Será de 12 a 13h e cun aforo limitado a 30 persoas. Os interesados poden apuntarse no teléfono 981.119240 ata o próximo día 20.
Ademáis, para conmemorar este aniversario, organízase unha charla que impartirá a psicóloga Rebeca Pérez, sobre os desafíos que para a convivencia familiar supón o alzheimer. Será o 23 de xaneiro de 17 a 18. O aforo neste caso é de 25 persoas e tamén pódese reservar unha praza no teléfono 981.119240 ata o 20 de xaneiro.