Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Novo Obradoiro de Emprego «Arteixo seguro 2021-2022»

/ Novo Obradoiro de Emprego «Arteixo seguro 2021-2022»

O concello de Arteixo , en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, pon en marcha o Obradoiro de Emprego “Arteixo Seguro 2021-2022”.

Este obradoiro dual de emprego contempla impartir a especialidade formativa de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, con un total de 20 alumnos  traballadores para a citada especialidade.

O alumnado seleccionarase a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia, polo que será indispensable estar inscrito/a como tal no SPEG. Unha vez seleccionados/as, logo de superar un tribunal avaliador segundo as bases aprobadas,  serán contratados/as a través dun contrato de formación e aprendizaxe.

Durante este período , os alumnos/traballadores cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional e, ao mesmo tempo  recibirán formación conducente á obtención do certificado de profesionalidade SEAG0209-Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, ademáis dunha formación específica en alfabetización informática, sensibilización ambiental, prevención de riscos laborais, educación básica e ESO, Igualdade e Orientación profesional e formación empresarial.

Este grupo de alumnos traballadores estará dirixido por un director  e dous  docentes, e realizarán  as labores de limpeza en espazos públicos do Concello. Utilizarán medios, ferramentas e vehículos axeitados a cada espazo para alcanzar a consecución dun óptimo nivel de limpeza e hixiene

Ir al contenido