O concello de Arteixo , en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, pon en marcha o Obradoiro de Emprego “Arteixo Seguro 2021-2022”.
Este obradoiro dual de emprego contempla impartir a especialidade formativa de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, con un total de 20 alumnos traballadores para a citada especialidade.
O alumnado seleccionarase a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia, polo que será indispensable estar inscrito/a como tal no SPEG. Unha vez seleccionados/as, logo de superar un tribunal avaliador segundo as bases aprobadas, serán contratados/as a través dun contrato de formación e aprendizaxe.
Durante este período , os alumnos/traballadores cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional e, ao mesmo tempo recibirán formación conducente á obtención do certificado de profesionalidade SEAG0209-Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, ademáis dunha formación específica en alfabetización informática, sensibilización ambiental, prevención de riscos laborais, educación básica e ESO, Igualdade e Orientación profesional e formación empresarial.
Este grupo de alumnos traballadores estará dirixido por un director e dous docentes, e realizarán as labores de limpeza en espazos públicos do Concello. Utilizarán medios, ferramentas e vehículos axeitados a cada espazo para alcanzar a consecución dun óptimo nivel de limpeza e hixiene