A Concellería de Servizos Sociais lanza unha nova oferta de Aulas de Adultos.
As actividades céntranse na realidade de Arteixo e pretenden ser unha canle para proveer oportunidades cara a Educación básica, recoñecida como dereito fundamental; o desenvolvemento como ferramenta para o acceso á información; favorecer unha mellor integración na nosa contorna e mellorar a calidade de vida e o benestar persoal e colectivo.
A oferta diríxese a todas aquelas persoas que desexen adquirir habilidades básicas de lectura e escritura ou consolidar coñecementos e non esquecer o aprendido.
Impartiránse en distintas sedes das distintas parroquias ao longo das próximas semanas.
As personas interesadas deben cubrir este formulario e apuntarse entre o 31 de marzo e o 1 de abril no Centro de Maiores de Baiuca en horario de 12h a 14h Teléfono 981.659095