A partir do día 24 de outubro volve a campaña Bono Activa que pon en marcha a Xunta de Galicia.
Os comercios participantes terán un adhesivo que identifica a campaña e dentro haberá descontos por valor de 30 euros para aqueles clientes que teñan descargado no móbil o seu bono Activa Comercio.
Os descontos serán de 5, 10 ou 15 euros dependendo da contía da compra, ata esgotar o saldo de 30 euros.
O bono poderá usarse ata final de ano naquelas tendas que se inscriban no programa a partir do próximo xoves.