Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Nace a Web do Familiar para usuarios e familias do servizo de axuda a domicilio

/ Nace a Web do Familiar para usuarios e familias do servizo de axuda a domicilio

A Concellería de Servizos Sociais pon en marcha a «Web do Familiar» unha ferramenta coa que a concellería que dirixe Inés Ramos, segue a mellorar o servizo de axuda a domicilio.

A web, pioneira á hora de facilitar acceso á información e ao servizo, aumenta a calidade e a transparencia do mesmo. Nas próximas semanas os usuarios e familias do servizo de axuda a domicilio poderán acceder a este novo portal a través a aplicación municipal de xestión do servizo e poderán consultar a planificación actual, futura ou pasada detallada por días de atención; horario previsto; auxiliares asignadas; horarios e tarefas a realizar cada día. Tamén poderán acceder aos servizos complementarios como axudas técnicas ou servizos epecíficos asignados a cada usuario.

O acceso non requerirá de ningunha descarga. Basta con crear unha chave persoal de acceso tras recibir, vía email, o enlace de solicitude de activación do servizo.

Nova Ordenanza de Comedor a Domicilio

O Concello poñerá en marcha a nova ordenanza do servizo de comedor a domicilio. O obxectivo é ampliar as condicións do servizo aos 365 días do ano. As comidas serviránse no domicilio dos destinatarios entre as 11.30 e as 14 h. Para a fin de semana, os venres serviranse menús envasados de maneira individual en frío para que podan ser calentados polos usuarios. Ofrécense 7 dietas diferentes

Arteixo adica 1’7 millóns de euros do seu orzamento a este servizo.

Máis de 300 personas con diversos grados de dependencia beneficianse deste servicio de axuda domicilio no  concello de Arteixo durante o ano 2021.

 

Ir al contenido