Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Música e Movemento na Escola Municipal de Música: prazas vacantes

/ Música e Movemento na Escola Municipal de Música: prazas vacantes

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación abre prazo  extraordinario de matriculación na EMMArteixo para o grupo Iniciación 1 de Música e Movemento para o curso 2021-2022 por quedar prazas vacantes no prazo ordinario.

– Destinatarios/as: nenos e nenas nados/as en 2017

– Prezo: 37,50 € trimestrais

– Lugar: Aula da Natureza de Arteixo

– Horario: 1 día á semana, 1 clase de 50 minutos de duración (o horario depende de cada grupo, a continuación indícanse os grupos dispoñibles)

– Prazas: 14, distribuidas en tres grupos do seguinte xeito:

  • martes, de 17:05 a 17:55 h (2 prazas),
  • martes, de 18:05 a 18:55 (10 prazas)
  • mércores, de 16:05 a 16:55 h (2 prazas).

INSCRICIÓN:

Do 20 ao 24 de setembro, enviando o modelo normalizado de inscrición, cuberto e asinado a: emmaarteixo@gmail.com.

LISTADO DE ADMITIDOS/AS:

O mércores 29 de setembro publicarase na web municipal www.arteixo.org o listado de admitidos.

En caso necesario levarase a cabo un sorteo para cada un dos tres horario disponibles.

Tras a publicación do listado, se obtivesen a praza, enviarase correo electrónico ás persoas admitidas informando como formalizar a matrícula.

Modelo de Preinscrición

 

Ir al contenido