O autor arteixán Miguel Sande acude á biblioteca central, acompañado do cantautor César Morán, á presentación do seu libro de poemas «Brinde e desespero» gañador do XXV Premio de poesía Johán Carballeira.
A actividade enmárcase dentro dos eventos organizados para os Clubs de lectura da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo, no que Miguel Sande disertará coas persoas que os acompañen. É unha actividade de libre acceso.