O Concello e o CCA (Centro Comercial Aberto de Arteixo) celebrarán unha nova edición da Feira de Oportunidades na primeira fin de semana do próximo mes de marzo.
O obxectivo é dinamizar a economía do sector comercial cun evento que promove o gasto, contribúe á liquidación de restos da tempada; facilita a captación de novos clientes e aumenta no sector a necesidade de mellorar en calidade e profesionalización.
Os comerciantes interesados en participar poden inscribirse, ata o próximo 11 de febreiro, neste enlace e poden consultar aquí as Bases de Participación