Inicio > MAR DE SORRIZO: dinamización do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo do Concello de Arteixo

/ MAR DE SORRIZO: dinamización do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo do Concello de Arteixo

O proxecto «Mar de Sorrizo» é unha iniciativa para a recuperación e posta en valor do patrimonio cultural, material e inmaterial, ligado ao litoral do Concello de Arteixo e á súa actividade mariñeira. A proposta apoiase no emprego do Museo Mar de Sorrizo, recentemente inaugurado, e que pouco a pouco, vai aumentando a súa actividade:

O proxecto promove a difusión e posta en valor dos recursos do mar a través de diferentes actividades:

  • Deseño dunha imaxe gráfica do proxecto
  • Xeración de contidos: texto, fotografía e vídeo
  • Comunicación: contidos para RRSS e notas de prensa
  • Elaboración de material didáctico: o caderno Mar de Sorrizo
  • Exposición da historia local do mar
  • Campaña de publicidade con paneis exteriores
  • Rutas guiadas tematizadas
  • Obradoiros
  • Certame Mar de Sorrizo
  • Xornada de “Naufraxios, xeoloxía e patrimonio”

O proxecto «Mar de Sorrizo» é unha iniciativa promovida polo Concello de Arteixo, presentada á convocatoria de 2024 para a obtención das axudas no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, xestionadas polo GALP Golfo Ártabro Sur.

O proxecto foi beneficiario da seguinte axuda:
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO: 129.349,00 €
70% FEMPA | 90.544,30 €
30% Comunidade Autónoma | 38.804,70 €

Coste do proxecto por anualidades:
2024 | 27.346,00 €
2025 | 54.208,00 €
2026 | 47.795,00 €

MAR DE SORRIZO ten como obxectivo estratéxico fomentar o benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
Entre os seus obxectivos específicos distínguense:

  • Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e á dinamización social e turística.
  • Reducir o impacto das actividades relacionadas co mar e promover iniciativas de economía circular, economía azul, benestar social e seguridade litoral.
  • Conseguir un sector pesqueiro mais resiliente a través de prácticas profesionais sostibles.

Para alcanzar os obxectivos descritos levaranse a cabo as seguintes actuacións ao longo das anualidades 2024, 2025 e 2026:

 

Diario Oficial de Galicia. Consellería do Mar. DOG núm. 22, do 31 de xaneiro de 2024

Cartel

Ir al contenido