Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Máis da metade do alumnado dos cursos de formación do concello entran no mercado laboral

/ Máis da metade do alumnado dos cursos de formación do concello entran no mercado laboral

O alcalde, Carlos Calvelo Martínez e o Concelleiro de Promoción Económica e Festas, Angel Vázquez, fixeron entrega dos diplomas da formación realizada aos alumnos do Programa Integrado de Emprego Concello de Arteixo 2023-2024, que contou coa cofinanciación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

Este Programa Integrado, que Arteixo desenvolveu por duodécimo ano consecutivo, ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combina accións de formación e asesoramento personalizado.

Neste PIE “Concello de Arteixo 2023-2024”, 100 persoas desempregadas pertencentes os colectivos de: mulleres, menores de trinta anos, persoas desempregadas maiores de 45 anos e persoas perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego, realizaron accións formativas do Catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal en sectores como:

 Almacén e manexo de carretilla

 Superficies de alimentación e xestión loxística.
 Limpeza e servizos.

Esta formación específica combinouse con outra transversal como: marca persoal e motivación para o emprego, manipulador de alimentos e peixe, prevención de riscos laborais (nivel básico e específico de cada formación), alfabetización informática, buscaactiva de emprego, emprendemento e preparación de competencias clave. Do mesmo xeito, durante o Programa, os alumnos realizaron prácticas laborais en empresas pertencentes os
sectores en que realizaron a formación, para así facilitar a súa inserción laboral e accións individuais con cada un dos demandantes.

Ao igual que en edicións anteriores, a esta data, a inserción laboral está preto do 70% das persoas que empezaron o Programa Integrado.

Ir al contenido