Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 16 de xuño de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil en Galicia para o ano 2023 (DOG. núm. 123 do 29-06-2023).
Obxecto e finalidade:
Incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas mozas inscritas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, por un mínimo de 9 meses a xornada completa, levadas a cabo por empresas e persoas empregadoras.
Prazo de solicitudes
Desde o 30 de xuño ao 31 de xullo de 2023, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.