Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Éxito do primeiro Congreso sobre saúde afectivo sexual celebrado en Arteixo

/ Éxito do primeiro Congreso sobre saúde afectivo sexual celebrado en Arteixo

Preto de 300 alumnos e alumnas, xunto co profesorado, participaron no primeiro Congreso sobre saúde afectivo sexual que se levou a cabo en Arteixo no marco da celebración do Día do Neno, que se conmemora o 20 de novembro.

A concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos, reivindicou tres dereitos fundamentais da infancia: saúde, educación e participación infantil.

Distintos ponentes de prestixio abordaron temas coma as emocións, pensamentos e sentimentos; a xenitalidade, o xénero e as enfermidades de transmisión sexual; para qué serve a sexualidade ou se é igual para todos; etc.

O alumnado, preto de 300 participantes, amosou o seu interese e necesidade por saber máis sobre estes temas. Foron moitas as súas preguntas aos ponentes, nun marco de bo trato aos adolescentes.

O Congreso desenvolviuse en dúas xornadas:

  • A primeira, para alumnos, profesores e equipos directivos que compartiron ensinanzas en canto aos distintos niveis de relación: afectividade, intimidade, sexualidade e xenitalidade.
  • A segunda, para o colectivo do profesorado, pois desde a concellaría de Educación preténdese dar as ferramentas demandadas para a formación dos nenos, nenas e adolescentes.

A concelleira Inés Ramos convocou á comunidade educativa a compartir e participar en máis accións coma estas xornadas, que supoñen atender as necesidades e os dereitos das persoas que ainda no cumpriron a maioría de idade.

Ir al contenido