A Concellería de Educación ofrece, un ano máis, diversas opcións de conciliación nos seus campamentos de verán. O obxectivo é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias.
Son catro alternativas diferentes coas que ofrecer unha alternativa de ocio aos máis novos durante o período vacacional.
Este verán volve o «Laboratorio musical»; ao que se suman o «campamento concilia» para a rapazada de 3 a 12 anos, «campamento de diversidade funcional» para maiores de 18 anos; e o Campamento para adolescentes para a rapazada de 12 a 18 anos.
O período de preinscrición é do 15 de maio ao 5 de xuño.
Campamento diversidade para maiores de 18 anos
Inscrición campamento diversidade
Inscrición campamento adolescentes