O Concello pon en marcha do programa cultural “Verán de Estrelas 2025”, que se desenvolverá entre os meses de xuño e setembro, cunha ampla variedade de actividades dirixidas a todos os públicos. A iniciativa inclúe propostas de teatro, danza, música, espectáculos familiares, cinema ao aire libre e exposicións, coa participación de compañías e artistas de recoñecido prestixio.
A programación comeza o 27 de xuño coa representación de Costa da Morte, Cartografía dun naufraxio, da creadora Mariña Lestón, e continuará con espectáculos como The Exposure de Tanit Cobas, Enredada de Leti da Taberna e Eran elas! de Avelino González.
O apartado escénico contará tamén coa Gala de entrega de premios amArte 2025, que incluirá a representación da obra Yo soy Ophelia a cargo de Teatro Pasapadentro do colectivo Melandrainas.
O programa musical incluirá actuacións destacadas como Seremos inmortais da Orquestra Cinema, o 7º Festival de Habaneras de Arteixo e o espectáculo Cartas Quemadas de Luga.
A programación familiar e infantil terá un papel destacado, cun calendario específico que inclúe espectáculos como Inverno na lavandería de Kpaparota Teatro, A filla do cacharulo de Títeres Babaluva, Maker Maxia de Magos Maker, Cantaxoga de Migallas Teatro e Viaxando con anduriñas: Ritmos na selva de Laura Martínez Rey.
O cine ao aire libre tamén estará presente coa proxección das longametraxes Campeonex de Javier Fesser e +Cuñados de Luis Avilés Baquero, esta última en formato autocine.
No apartado expositivo, o público poderá visitar as mostras El despilfarro alimentario de Manos Unidas, Mística Arte-Xoia de Beatriz Yébenes – Xoiatrix, e Miradas interiores de Novais. Ademais, o día 27 de xuño terá lugar a presentación do libro La ruta de Eulogio de Sandra Aldao.
Con “Verán de Estrelas 2025”, o Concello reafirma o seu compromiso coa cultura como eixo fundamental da convivencia, o benestar e a dinamización social, apostando por unha programación diversa, inclusiva e de calidade, deseñada para achegar as artes escénicas e visuais á cidadanía durante a tempada estival.
O programa completo pódese descargar aquí