Resolución do 1 de abril de 2022 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría, artístico-recreativas e outros servizos (DOG. núm. 66 do 05-04-2022).
Proxectos subvencionables:
– Bono envolvente (elementos de control solar).
– Bono iluminación (renovación iluminación).
– Bono instalacións eléctricas (mellora eficiencia enerxética).
– Bono equipamento (renovación equipamento).
– Bono climatización (equipamentos que reduzan o consumo de enerxía).
– Bono inmótica (sistemas domóticos).
Ámbito temporal
Gastos e investimentos realizados entre o 01-01-2022 e o 30-09-2022.
Contías
80% do custo elixible cun máximo de 6.000,00 € por solicitude.
Prazo de solicitudes
Desde o 6 de abril ao 14 de xullo de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia