Orde do 27 de xaneiro de 2022 da Consellería de Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº35, do 21 de febreiro do 2022.
Obxecto:
Promover o emprego autónomo e a súa consolidación a través dos seguintes programas de axudas:
I.- Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas e nova creación (salvo persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais) (TR807I), constituídas entre 01.08.2021 e o 31.07.2022.
II.- Programa II.- Programa de incentivos para impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica en Galicia, previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340E). As axudas destínanse a sufragar accións, gastos e pagamentos entre o 01.10.2021 e o 30.09.2022, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa.
Prazo (a través da sede electrónica da Xunta de Galicia)
Programa I: Desde o 22 de febreiro ata o 31 de xullo de 2022.
Programa II: Desde o 22 de febreiro ata o 30 de setembro de 2022.