Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Bases reguladoras das axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

/ Bases reguladoras das axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

 

Resolución do 28 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG núm. 133 de 14.07.2021). Procedemento SI429A.

Obxecto

Fomentar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres e medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral en Galicia, mediante as seguintes liñas de axuda:

  • Liña Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e creación de emprego feminino estable.
  • Liña Activa, para favorecer a reactivación e a consolidación de empresas constituídas por mulleres.
  • Liña ITEF, incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador promovidas por mulleres.
  • Liña Concilia, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Beneficiarias

Empresas privadas formadas por mulleres, que inicien a súa actividade ou formalice o seu plan Activa entre o 01-08-2020 e 16.08.2021. 

Prazo de solicitudes 

Dende o 15.07.2021 ao 16.08.2021, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Enlace DOG

 

Ir al contenido