Resolución do 28 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (DOG núm. 133 de 14.07.2021). Procedemento SI429A.
Obxecto
Fomentar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres e medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral en Galicia, mediante as seguintes liñas de axuda:
- Liña Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e creación de emprego feminino estable.
- Liña Activa, para favorecer a reactivación e a consolidación de empresas constituídas por mulleres.
- Liña ITEF, incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador promovidas por mulleres.
- Liña Concilia, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Beneficiarias
Empresas privadas formadas por mulleres, que inicien a súa actividade ou formalice o seu plan Activa entre o 01-08-2020 e 16.08.2021.
Prazo de solicitudes
Dende o 15.07.2021 ao 16.08.2021, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.