Inicio > Banco de instrumentos para o curso 2025-2026

/ Banco de instrumentos para o curso 2025-2026

O Concello de Arteixo pon a disposición un ano máis do alumnado da Escola Municipal de Música de Arteixo (EMMArteixo) que cursa algunha disciplina instrumental o banco de préstamo de instrumentos, un servizo que permite continuar a aprendizaxe musical sen dispoñibilidade de instrumento propio.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 29 de agosto de 2025. As solicitudes serán valoradas pola comisión de valoración, que determinará os préstamos a conceder para o curso 2025-2026.

Como presentar a solicitude:

  • Presencialmente: no rexistro do Departamento Municipal de Educación (Avda. dos Bosques, 16 Baixo, entrada por R/Ría de Noia), de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

  • Telemáticamente: a través do rexistro da Sede Electrónica Municipal.

Documentación necesaria:

  • Modelo normalizado de solicitude debidamente cumprimentado e asinada.

  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou, no caso de menores, dos proxenitores.

  • Fotocopia do libro de familia ou documentación equivalente.

  • Impreso de autorización para obtención de datos tributarios, se procede.

Información adicional:
O banco de instrumentos permite ao alumnado empadroado dispoñer do material necesario para a práctica instrumental. Non se poderán solicitar instrumentos que xa están dispoñibles nas aulas da escola, como percusión ou piano.

📞 Departamento Municipal de Educación: 981 659 121 / 981 659 122
✉️ educacion@arteixo.org

Ir al contenido