Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Axudas Xunta de Galicia ao establecemento de emigrantes retornados como traballadores por conta propia

/ Axudas Xunta de Galicia ao establecemento de emigrantes retornados como traballadores por conta propia

Resolución do 29 de decembro de 2023, de Secretaría Xeral da Emigración pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na
Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2024, publicada no DOG nº24, do 2 de febreiro do 2024 (procedemento PR937A).

Obxecto:
Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas emigrantes galegas retornadas que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Beneficiarios:
Persoas galegas, cónxuxes ou similares, e os/as descendentes por consanguinidade, nacidas en Galicia que ao retornar a Galicia (a partir do 01-01-2022), emprendan unha actividade que implique alta no Réxime Especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional.
Prazo de solicitudes (a través da sede electrónica Xunta de Galicia):
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 3 de febreiro ao 30 de setembro de 2024.

Enlace ao DOG

Ir al contenido