Orde do 9 de xaneiro de 2023 da Consellería de Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº16, do 24 de xaneiro do 2023.
Obxecto:
Concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
Axuda:
Contía a fondo perdido para o inicio da súa actividade laboral, novas altas no RETA desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023 (procedemento TR341D).
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):
O prazo de solicitude será desde o 25 de xaneiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2023 (https://sede.xunta.gal/). A concesión será por orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito orzamentario.