Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Axudas urxentes para evitar cortes eléctricos a consumidores vulnerables

/ Axudas urxentes para evitar cortes eléctricos a consumidores vulnerables

A Xunta de Galicia mantén aberto o prazo de solicitude das axudas urxentes de tipo social (AUXS) destinadas a evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social.

O obxectivo desta prestación é axudar a este colectivo ao pagamento da factura eléctrica e, deste xeito, asegurar o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica en Galicia.

A contía da axuda é de 300€ anuais, no caso das familias numerosas ascende a 450€ anuais.

Para acceder ás AUXS é preciso ter concedido o bono social eléctrico con consideración de consumidor vulnerable severo (deberá constar un 70% de desconto na última factura).

Para solicitala, o titular do contrato do subministro eléctrico pode acudir co seu DNI/NIe, a última factura eléctrica e o título de familia numerosa (de ser o caso) aos Centros de Servizos sociais do Concello de Arteixo, de 9 a 14 horas, sen cita previa

  • Centro de Servizos sociais. Rúa Ría de Noia, 2. Arteixo. 981 659110.
  • Centro Social Froxel. Rúa José Pérez Ballesteros, 39. Vilarodís. 981 601574.

Centro Social Meicende. Travesía de Meicende, 132. 981 258458

Ir al contenido