PROGRAMA MULLER 22
Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 20 de xuño de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa Muller 22 de incentivos á contratación indefinida de mulleres desempregadas para o ano 2022 (DOG. núm. 126 do 04-07-2022).
Obxecto e finalidade
Incentivos á contratación indefinida inicial a tempo completo de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades para acceder ou permanecer no mercado de traballo (código de procedemento TR770A).
Entidades beneficiarias
Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten.
Ámbito temporal
Contratacións realizadas entre o 01-01-2022 e o 30-09-2022.
Contía dos incentivos
6.000,00 € por contratación indefinida de muller desempregada inscrita como demandante de emprego.
Prazo de solicitudes
Desde o 5 de xullo ao 30 de setembro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva.