CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DO IGAPE GALICIA RURAL EMPRENDE (procedemento IG501A)
Resolución do 17.12.2021 do IGAPE que aproba as bases reguladoras e convocatoria para o ano 2022 das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, en réxime de concorrencia competitiva, publicada no DOG nº1, do 3 de xaneiro de 2022.
Obxecto:
Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables.
Requisitos:
I.- Non comezar o proxecto antes da presentación da solicitude de axuda.
II.- Proxecto localizado en Galicia.
III. Obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben por conta propia ou indefinido por conta allea.
Prazo de presentación de solicitudes (aplicación http://www.tramita.igape.es e sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal):
Desde o 4 de xaneiro de 2022 ao 8 de marzo de 2022 (14:00 h).