Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Axudas do Bono Remuda da Xunta de Galicia para o fomento da remuda xeracional

/ Axudas do Bono Remuda da Xunta de Galicia para o fomento da remuda xeracional

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a nova convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que cun orzamento de 1,5 millóns de euros busca fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego. A orde enmárcase no Plan de remuda que está a funcionar ao abeiro da Rede de polos de emprendemento que ten 13 centros activos. Así, o obxectivo é evitar o peche de negocios por falta de remuda, ao tempo que se facilita que as persoas interesadas en emprender poidan recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.

A orde recolle que os negocios obxecto de remuda deben ter o domicilio social e fiscal en Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Unha Bolsa á que se sumaron desde febreiro -cando se puxo en marcha- máis dun cento de empresas, máis da metade delas por xubilación e máis dun terzo das que teñen o proceso de traspaso activo pertencentes ao sector do comercio.

A remuda deberá estar motivada pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio. Tamén por causas sobrevidas como incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou falecemento, e deben terse producido entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2024.

Consulta a infografía

Ir al contenido