Orde do 28 de abril de 2022 da Consellería de Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº85, do 3 de maio do 2022 (procedemento TR760A).
Obxecto e beneficiarios:
Persoas traballadoras autónomas e microempresas, especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, con persoas traballadoras por conta propia de alta no RETA anterior ao 01-01-2019, que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 65% no ano 2021 en comparación co ano 2019. O importe das axudas irá en función da facturación que acredite no ano 2019.
Prazo de solicitudes:
Desde o 4 de maio de 2022 ata o 3 de xuño de 2022, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia procedemento TR760A.