Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Axudas da Xunta de Galicia para a conciliación da persoa traballadora autónoma

/ Axudas da Xunta de Galicia para a conciliación da persoa traballadora autónoma

Orde do 05.05.2023 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº95, do 22.05.2023.

Obxecto:

Permitir que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial, a través de tres liñas:

– Bono Autónomo Concilia I.

– Bono Autónomo Concilia II.

– Bono Autónomo Concilia III.

Beneficiarios:

– Concilia I: contratación realizada entre o 01-10-2022 e o 29-09-2023 por un autónomo unha vez rematado o seu período de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento.

– Concilia II: contratación realizada entre o 01-10-2022 e o 29-09-2023 por un autónomo para o coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.

– Concilia III: subvención do custo do centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade.

 Prazo (solicitude por medios electrónicos en https://sede.xunta.gal):

Desde o 23 de maio ata o 29 de setembro de 2023

Enlace DOGA

Ir al contenido