Convocatoria de axudas da Xunta de Galicia do programa nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas (procedemento TR790A)
Orde do 8 de agosto de 2022 da Consellería de Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº152, do 10 de agosto do 2022.
Obxecto:
Apoio de persoas autónomas que cesaron a súa actividade e van a volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e para autónomos/as que emprendan noutro sector de actividade distinto. As altas deben realizarse entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2022.
Tipos de axuda:
– Bono alta nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio.
– Bono formación e/ou mentoring para acompañar na posta en marcha do negocio.
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):
O prazo de solicitude será desde o 11 de agosto e o 31 de outubro de 2022 (https://sede.xunta.gal/). A concesión será por orde de presentación de solicitudes.