Resolución do 3 de xaneiro de 2025, de Secretaría Xeral da Emigración pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2025, publicada no DOG nº20, do 30 de xaneiro do 2025 (procedemento PR937A).
Obxecto:
Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas emigrantes galegas retornadas que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Beneficiarios:
Persoas galegas, cónxuxes ou similares, e os/as descendentes por consanguinidade, nacidas en Galicia que ao retornar a Galicia (a partir do 01-01-2023), emprendan unha actividade que implique alta no Réxime Especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional.
O prazo de presentación de solicitudes, na sede electrónica da Xunta de Galicia, será desde o 7 de febreiro ao 30 de setembro de 2025.