Orde do 20 de xullo de 2021 da Consellería de Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº148, do 4 de agosto do 2021.
Obxecto:
Promoción do emprego autónomo e a súa consolidación e incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada por autónomos en Galicia.
Programas:
I.- Promoción do emprego autónomo: novas altas na Seguridade Social de autónomos desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021 (procedemento TR341D).
II.- Axudas á autónomos pola contratación indefinida de persoas desempregadas desde o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021 (procedemento TR349F).
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):
Tanto para o Programa I como para o Programa II será desde o 5 de agosto ata o 30 de setembro de 2021 (https://sede.xunta.gal/). A concesión será por orde de presentación de solicitudes.