A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) para a anualidade 2024.
Estas axudas teñen como obxectivo fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas:
PROGRAMA I: Fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en
cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.
PROGRAMA II: Fomento do acceso:
Á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades
laborais.
De persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.
Quen pode solicitar estas axudas?
Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran os requisitos e as condicións xerais recollidas na orde:
PROGRAMA I:
Cooperativas
Sociedades laborais
PROGRAMA II:
Persoas desempregadas
Persoas socias ou traballadoras de cooperativas
Persoas socias ou traballadoras de sociedades laborais
Persoas socias ou traballadoras doutras empresas que se transformen en cooperativas ou
sociedades laborais
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 16 de setembro de 2024.
TR802G – Programa I : As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
TR802J – Programa II : As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Aquí podes consultar a orde completa .