AXUDAS AO ESTUDO PARA FAMILIAS CON DESCENDENTES ESCOLARIZADOS CURSO 2022-2023 – LIÑA 1- COMEDOR – CONCESIÓN DEFINITIVA
LIÑA 1: COMEDOR
A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 1 (COMEDOR) curso 2022/2023 aprobadas pola Xunta de Goberno Local de data 31 de xullo de 2023.
As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da listaxe, perante o mesmo órgano que o ditou.
A publicación realízase aplicando o contido da LOPDGDD sobre a fixación de regras e sobre o uso de datos persoais identificativos das persoas interesadas nas publicacións de actos administrativos.
- No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos publicados: ***4567**)
- No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético (Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*)
- Para consultar as listaxes, prema no seguinte enlace:
- Para consultar a resolución das alegacións presentadas, prema no seguinte enlace
- Para consultar a publicación no BOP, prema no seguinte enlace