Orde do 28 de xuño de 2023 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº127, do 5 de xullo do 2023.
Obxecto:
Apoio as persoas autónomas, pequenas e medianas empresas, cooperativas e sociedades laborais que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 e a data da solicitude, mediante o financiamento do investimento realizado e pagado entre o 05-11-2022 e a data de presentación da axuda.
Conceptos subvencionables:
– Equipamento informático.
– Activos intanxibles.
– Investimentos en eficiencia enerxética.
– Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
– Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
Intensidade da axuda
Desde o 30% ao 60% en función da contía do investimento.
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):
O prazo de solicitude será desde o 6 de xullo ao 29 de setembro de 2023 (https://sede.xunta.gal/). A concesión será por orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito.