Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As construccións de Arteixo centran a temática do calendario municipal 2023

/ As construccións de Arteixo centran a temática do calendario municipal 2023

A foto dun edificio histórico, un público ou a da túa propia casa son só algúns exemplos da temática que ilustrará o calendario municipal 2023.

A concellaría de Turismo que dirixe Patricia Amado convoca, un ano máis este concurso co que se pretende que sexa a veciñanza, coas súas aportacións, a que elabore o almanaque do ano próximo

Para animar os veciños a que participen, o concello elaborou un cartel promocional no que aparecen un grupo de arquitectos de Arteixo diante do novo complexo deportivo de piscinas de Meicende.

Os interesados poderán  participar a través da aplicación Easypromos subindo unha foto feita de colleita propia, ou da que teña dereitos de autoría e reprodución; e na que mostre a forma máis orixinal ou artística de calquera edificio de Arteixo. Deberá de indicar en qué parroquia foi tomada e acompañala dun título. Para participar haberá que enviar a imaxe en calidade e formato suficiente ben a través do formulario dispoñible na web Arteixo.org, ou a través das ligazóns nas publicacións que se farán nas diferentes redes sociais do Concello. Podes consultas as bases completas neste enlace .

Cada mes mostrará unha instantánea diferente, nesta edición poderá sumárselle unha máis na última páxina no caso de ter representación válida (en calidade e temática) das 13 parroquias.

A votación das imaxes realizarase a través da páxina do concurso e da valoración dun xurado composto por un profesional do mundo da arquitectura, un profesional do mundo da fotografía e un profesional do mundo da publicidade. Comporase do resultado da suma das 4 puntuacións. Outorgaranse 13 premios para as 13 fotografías mellor valoradas: – 500 € para a foto que máis puntos obteña. – 300 € para a segunda. – 200 € para a terceira. – 100 € para as dez seguintes clasificadas.

 

Ir al contenido