Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As caharelas de San Xoán só poderán facerse en propiedades privadas

/ As caharelas de San Xoán só poderán facerse en propiedades privadas

A crise da COVID 19 segue a condicionar, como fixera en 2020, o San Xoán deste ano.

As normas publicadas pola Policía Local, indican que soamente autorizarán a celebración de Cacharelas ou sardiñadas en propiedade privada. Sinalan que queda totalmente prohibida a realización das mesmas en espacios públicos e nas praias.

As persoas, que desexen realizar unha cacharela/sardiñada na súa zona de residencia deberán presentar a solicitude correspondente preferentemente a través do correo electrónico: cacharelas@arteixo.org ou na oficina da Policía Local. Atenderán en horario de 09:00 a 14:00 horas dende o día 11 de xuño ata as 14:00 horas do 22 de xuño.

Na solicitude hai que sinalar o nome, enderezo, teléfono e fotocopia do D.N.I. dos responsables da organización, así como todos os datos que constan no modelo de solicitude. As persoas responsables teñen que ser maiores de idade.

Solicitude cacharelas 2021

Normativa cacharelas 2021

Ir al contenido