A Concellaría de Cultura e Xuventude, en colaboración co Banco de Alimentos «Rías Altas», organiza unha recollida solidaria de alimentos nas bibliotecas municipais. Esta iniciativa terá lugar na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» de Arteixo e na Biblioteca «Antón Castro» de Meicende.
As persoas interesadas en colaborar poderán facelo de xeito solidario, deixando alimentos nos contedores habilitados para tal fin. Os participantes poderán levar libros de balde.
A recollida estará habilitada entre o 10 de xuño e o 12 de xullo. Durante este período, nas bibliotecas expoñeranse os libros dispoñibles para levar de balde, así como os contedores onde podedes deixar a vosa doazón de alimentos.