A Concellaría de Cultura que dirixe Ana Bello, a través da Rede de Bibliotecas Municipais de Arteixo convoca Concurso Poético de Homenaxe a Rosalía de Castro.
Trátase dun concurso para a rapazada de 4º, 5º e 6º de Primaria. Poderán gañar diferentes premios comolotes de libros ou unha tabletpara que será para o gañador absoluto entre todos os participantes.
As bases pódense consultar neste enlace.
O recital poético dos poemas compostos e a entrega de premios celebrarase o día 26 de febreiro ás 11.30 horas na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal».
Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao teléfono 981 659106 ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.