O Concello e o CCA (Centro Comercial Aberto de Arteixo) celebrarán unha nova edición da Feira de Oportunidades.
Será os próximos 7, 8 e 9 de marzo no Campo da Festa. O espazo contará, ademáis dos stands das tendas locais que ofrecen os seus productos, con zona infantil adicado aos máis pequenos. Haberá xogos e obradoiros. A programación contempla tamén actuacións e espectáculos na xornada de sábado ás 19h e o domingo ás 13.30h.
O obxectivo é dinamizar a economía do sector comercial cun evento que promove o gasto, contribúe á liquidación de restos da tempada; facilita a captación de novos clientes e aumenta no sector a necesidade de mellorar en calidade e profesionalización.