Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo supera os douscentos euros de gasto social por habitante e convértese no concello de Galicia de máis de 20.000 habitantes que máis inviste per cápita

/ Arteixo supera os douscentos euros de gasto social por habitante e convértese no concello de Galicia de máis de 20.000 habitantes que máis inviste per cápita

A Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais realizou , por décimo ano consecutivo, unha análise dos orzamentos que os Concellos de máis de 20.000 habitantes de España dedican á partida de “Servizos Sociais e Promoción Social” con datos correspondentes ao Orzamento Liquidado 2023 que publica o Ministerio de Facenda e Función Pública. 

A partir desa información oficial, a asociación estatal cualifica aos concellos en dúas categorías, en función de determinados criterios do seu investimento social:

-Excelentes: 21 Concellos que superan os 200 € de gasto social por habitante en España, entre os que está Arteixo.

-Pobres: 46 Concellos con menos de 61,27 € por habitante, que é o 60% da mediana de gasto dos Concellos maiores de 20.000 habitantes, que se sitúa en 102,12 €/hab.

O concello de Arteixo ten un orzamento en Servizos Sociais que supera ano tras ano os sete millóns de euros (sen contar o capítulo de investimentos en construción de novos centros sociais, o que o elevou a preto de nove millóns o orzamento nalgunhas anualidades).

Neste ano 2025 destacan os aumentos orzamentarios en iniciativas como o programa Concilia, que se desenvolve en en o Balneario de Arteixo e no centro concilia de Meicende, e que serve para que as nenos e as persoas maiores dispoñan de lugares onde realizar actividades tuteladas (200.000 euros). Tamén se elevou o programa de atención temperá a nenos (167.000 euros), que permite axudar a nenos con trastornos motores, de linguaxe ou nos procesos de aprendizaxe.

Tamén destacan os preto de 2,5 millóns de euros anuais que se dedican ao servizo de axuda a domicilio ou os 758.000 euros que serven para que 32 prazas da residencia de maiores estean reservadas para veciños de Arteixo, xa que hai que lembrar que nas residencias de maiores públicas poden entrar cidadáns de toda Galicia independentemente do concello onde estean.

Outros investimentos destacados son os 460.000 euros anuais en programas de dinamización nos centros sociais ou os preto de 230.000 euros que se dedican a axudas de emerxencia social.

Ir al contenido