Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

O concello de Arteixo acordou cos veciños de Meicende solicitar a presenza da subdelegada do Goberno María Rivas nunha reunión pública que se realizará no centro cívico de Meicende.

A proposta parte do acordo ao que chegou o alcalde de Arteixo Carlos Calvelo de buscar solucións a través dunha maior presenza da Garda Civil na rúa e de potenciar as investigacións das forzas de seguridade encargadas de desmantelar os puntos de venda de droga, verdadeira raíz do problema do aumento da inseguridade en Meicende.

Pola súa banda a policía local de Arteixo está a intensificar os controis de seguridade en Meicende debido a este aumento da venda de drogas a pequena escala e as consecuentes molestias e sensación de inseguridade que causan en veciños e comerciantes.

O concello xa solicitara á Garda Civil que aumente o número de efectivos na zona para combater esta venda que, aínda que a pequena escala, suscitou as queixas de comerciantes e veciños.

Ir al contenido