Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo reune a centos de automóbiles de ocasión de todas as marcas

/ Arteixo reune a centos de automóbiles de ocasión de todas as marcas

O concello de Arteixo organiza en colaboración co Centro Comercial Aberto unha nova feira do motor tras dous anos de pandemia, nos que se fixo necesario adaptar o evento ás recomendacións sanitarias establecidas dende as administracións. A feira do motor Auto Arteixo recupera así o seu formato habitual no Campo da Festa de Arteixo.

Do venres 6 ao domingo 8 de maio, o público poderá atopar centos de vehículos de ocasión, de todas as marcas e modelos, con ofertas adaptadas ao orzamento dispoñible para cada cliente. Dende coches de alta gama ata utilitarios máis modestos, todos eles avalados pola profesionalidade e a experiencia dos seis talleres e concesionarios participantes: Arte Móvil, D&D Automóviles, Listauto, Senra Sport, Talleres Mosquera e Tengo tu Coche.

O Concello asume nesta ocasión a organización da feira que conta coa colaboración co Arteixo Centro Comercial Aberto. Xunto á exposición de automóbiles, no recinto estarán representadas tamén as oficinas locais de Seguros Bilbao e RACC cunha ampla oferta de servizos a disposición do público. De maneira complementaria, o evento contará por vez primeira con atraccións para nenos e nenas, unha iniciativa pensada para facilitar a visita das familias.

O concelleiro de Promoción Económica, Ángel Vázquez, convida aos condutores e condutoras de toda a área metropolitana a achegarse ata Arteixo durante a próxima fin de semana. “Quen estea buscando coche, vai atopar unha oferta amplísima e vaise beneficiar non só duns prezos moi competitivos, senón da garantía e a boa calidade do servizo que ofrecen os concesionarios do noso concello”, indicou. O evento ofrece un escaparate inmellorable para o comercio do motor, un sector clave para a economía local en torno ao que se crean decenas de postos de traballo e que é, ademais, un dos piares da economía de Arteixo.

 

Ir al contenido